jueves, 23 de abril de 2015

Xardíns de San Carlos

O Xardín de San Carlos foi construído como castelo defensivo fora das murallas no século XIV e quedaría unido á cidade no XVI. Pouco a pouco foi perdendo importancia como baluarte e, tras estalar o polvorín que contiña, foi abandoado hata que xa en no século XVIII é recuperado como xardín por Don Carlos F. de Croix.



O seu valor radica na súa privilexiada situación dende a que se observa, gracias ao seu mirador, todo o porto de A Coruña, na súa vexetación, e na tumba, un sepulcro planteado como monumento funerario, do xeneral escocés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña en 1809 loitando mentres defendía o embarco do exército inglés frente ás tropas napoleónicas francesas do xeneral Soult.


O Ayuntamento acordou colocar o 14 de xullo de 1927 unhas lápidas que recollen o poema que Rosalía de Castro dedica ao Sir John Moore, en galego e en inglés, que se titula "Na tumba do Xeneral Sir John Moore".


Castelo de San Antón

O castelo de San Antón é un castelo do século XVI que formou parte, xunto co Castelo de Santa Cruz e o Castelo de San Diego, unha rede estratéxica de castelos e baterías para defender a ciudade de A Coruña. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1949 e dende 1994 pasou a ser considerado como un Ben de Interés Cultural con categoría de Monumento. Dende a súa inauguración en 1968, alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña.

Foi edificada esta antiga fortaleza no que era entón un pequeño illote no medio da bahía coruñesa, no cal se atopaba unha pequena hermida dedicada a San Antón. O seu propósito era defender a cidade dos ataques dende o mar. A súa construción comenzou no 1587, según indica unha inscripción na portada da fortaleza.

Durante o ataque inglés de 1589 por parte da Armada Inglesa, o castelo contribuíu con eficacia e de forma decisiva á defensa da cidade, a pesar de estar inacabado. Tras o ataque, continuouse a súa construción hata a finalización de las obras en 1590.


A partir do século XVIII a fortaleza foi convertida en prisión, función que mantería hata a súa cesión ao Ayuntamento de A Coruña en 1960.

Estadio de Riazor

Sobre o estadio:
O Estadio Municipal de Riazor foi inaugurado un 28 de octubre de 1944 nun partido que enfrentou ao Deportivo e ao Valencia, con resultado de 2-3 a favor dos visitantes. O arquitecto, Santiago Rey Pedreira, diseñou un estadio con capacidade para 60.000 espectadores de pé, moi preto de onde xogaba o conxunto herculino dende 1909. Riazor contaba con gradas e vestuarios en condicións, e o céspede estaba rodeado por unha pista de atletismo.

A gran capacidade de Riazor permitiu que alí se comenzasen a celebrar compromisos internacionais. O primeiro deles enfrentou ás selecións de España e Portugal o 6 de maio de 1945, con vitoria para o equipo español por 4-2. A Copa do Rei da tempada 46-47 tamén tivo como escenario o estadio deportivista. Nel, o Real Madrid alzouse co título tras vencer ao Espanyol por 2 goles a 0.


A primera remodelación que sufriu p campo coruñés foi con motivo do Mundial de Fútbol de 1982. A capacidade quedou reducida a 29.000 asientos, dende os cales se poideronse ver seleciones como a de Polonia, Camerún o Perú. A seguinte remodelación de Riazor foi motivada polas primeras aparicións en competición europea do Deportivo.

Sobre o clube:

Monte de San Pedro

O monte de San Pedro é un dos parques máis famosos da cidade de A Coruña e está situado na afueras da cidade na parte máis alta dun pequeno outeiro, o que lle da unhas vistas impresionantes de toda a baía e da cidade. 
Antigamente era unha zona marxinal por diversas razóns de carácter histórico e de uso. Nun principio por ser propiedade do exército e outra por ser un barrio pobre deixado do resto da cidade. Cando os militares cederon os terreos ao ayuntamento comezaron as obras de rehabilitación.
Toda a zona actualmente está axardinada e dispón ademáis dunha serie de edificios adaptados ao ocio como unha cafetaría, baños públicos, parques para nenos, aparcadoiro... Debido á sua altura ten unhas vistas envidiables que alcanzan dende o Cabo San Adrián e Islas Sisargas hata os cabos Prior e Prioriño, cunha vista especialmente impresionante da Torre de Hercules e da zona da playa de Riazor.


Porto de A Coruña


O porto de A Coruña é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade de A Coruña, bañado polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da cidade, con 6km de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre.

Páxina Oficial do Porto de A Coruña:
http://www.puertocoruna.com/es/index.html


viernes, 10 de abril de 2015

Torre de hércules.

-Vídeo:



Plaza María Pita

-María Pita:
Mayor Fernández da Cámara e Pita, popularmente coñecida como María Pita, é a protagonista indiscutible da historia coruñesa. Muller exixente e decidida, casou e enviudou en catro ocasións; e contan que non contraeu matrimonio nunha quinta vez porque así llo exixiu en testamento o seu derradeiro marido.

Corre o ano 1589, Sir Francis Drake, corsario da marina británica, asedia A Coruña como castigo polo seu apoio na "Armada Invencible", enviada un ano antes polo Rey español contra Inglaterra. 

Tras longos días de loita feroz e lume intenso a poboación refuxiase e ofrece resistencia tras os muros da Cidade Vella. Mulleres e nenos colaboran tanto coma os homes. Portas, fiestras, colchóns, todo vale para pechar os boquetes. Pero tráxicamente o inimigo consegue abrir unha gran brecha de aceso. Ante o cansancio e o gran número de mortos e feridos a cidade cree sucumbir. 


É nese momento cando María Pita, adiantándose cunha pica, derruba e mata ó alférez inglés arrebatándolle a súa bandeira. Á vista desta heroicidade, os ánimos abatidos dos coruñeses transformanse, lanzándose enardecidos sobre os inimigos que fuxen precipitadamente.